Xosé A.

Xosé A.

18p

10 comments posted · 0 followers · following 0

15 years ago @ xoseso - Hurt · 0 replies · +1 points

Ola Miguelanxo.
Esta canción aparece no tremendo disco de Johnny Cash: American Recordings IV (The Man Comes Around). Eu non me canso de escoitala.
Saúdos.

15 years ago @ xoseso - End Love · 0 replies · +1 points

Pois si miguelanxo, a orixinalidade non se lle pode negar a este grupo, polo menos cos seus vídeos. Aínda que che me segue prestando máis o anterior: This Too Shall Pass.
Un saúdo.

16 years ago @ xoseso - xoseabelleira.com/blog... · 0 replies · +1 points

Graciñas Miguelanxo. Feliz ano laico para ti tamén.

16 years ago @ xoseso - AntiCristo · 0 replies · +2 points

Ola Miguelanxo. Como vai? Parece que a Lareta tamén colleu uns días de vacacións nesta ponte xDDD.

Tocante ao filme, eu tamén lin moitas críticas negativas sobre el mais aínda así animeime a velo e non me deixou tan mal sabor de boca como esperaba. É, para min, unha obra que se pode interpretar ou ver desde difererentes puntos de vista; as miñas primeiras sensacións nada máis rematar o seu visionado estiveron relacionadas co carácter misóxino do que falo no post pero -como xa dixen- non me cabe dúbida que outras análises son posíbeis. Se finalmente te animas a vela xa me dirás.

O texto do manifesto podes copialo sen problema; eu, de feito, copieno tamén doutra páxina web. Canta máis difusión teña mellor.

Saúdos e que teñas unhas boas ferias.

16 years ago @ xoseso - Xornalismo mediocre · 0 replies · +1 points

Bo día @miguelanxo. Triste desde logo, tanto a actuación do xornalista -que non deixa rematar unha frase ao Callón- coma a do colexio de xornalistas de Galiza que protestan porque -según eles- un home de 95 anos! agrediu a un reporteiro (cousa totalmente falsa, no vídeo vese ben que non é así) pero calan ante casos graves de manipulación coma este. Así nos vai.
Foro pechado, ti mesmo o dixeches, nin máis nin menos.

16 years ago @ xoseso - xoseabelleira.com/blog... · 0 replies · +1 points

Moi acertado o que dis @miguelanxo e moi interesante o enlace que puxeches de Chuza. É absurdo, incluso surrealista, que un caso de corrupción coma o Gürtel apareza na inmensa maioría dos medios de comunicación estatais -dada a súa obvia relevancia- e na Tvg e Rg non se lle dea a máis mínima visibilidade.
Como digo no post, lamentábel.

Saúdos ;)

16 years ago @ xoseso - A guerra é unha droga · 0 replies · +2 points

Como vai miguelanxo? Pois si, despois de ver este filme de Kathryn Bigelow que aínda non se estreou en España saquei como conclusión que o que se nos transmite nel, basicamente, é iso que apunto ao final do post e do que tanto se fala: a violencia só enxendra máis violencia. E desde logo, que é a guerra senón violencia e unha potente droga para o home que non pode vivir sen ela? Para mostra só fai falta ler calquera xornal ou medio informativo e darse conta dos innumerábeis conflitos bélicos que nos rodean.
Iso si, eu tamén agardo que a guerra non sexa unha droga para todos os soldados, pois aviados imos de suceder iso.

Saúdos e graciñas -coma sempre- por comentares.

16 years ago @ xoseso - Memorias · 0 replies · +1 points

E falando de "Watchmen", recentemente lin a banda deseñada de Alan Moore e Dave Gibbons (en castelán e editada por Planeta Deagostini). Xenial! Non así o filme (tanto a versión estreada nos cines coma o montaxe do director) que -ao meu parecer- adolece de ritmo e dramatismo.

Saúdos Miguelanxo e obrigado polo teu comentario.

16 years ago @ xoseso - O xardín das pedras f... · 0 replies · +1 points

Ola @Certo. Obrigado pola túa visita.
O de confundir o autor d´O xardín das pedras flotantes co dramaturgo Manuel Lourenzo tamén me pasou a min. Logo decateime que se incluía tamén o segundo apelido -González- na portada do libro e xa deducin que non podía ser o o mesmo.
Dos demais datos que me informas non sabía nada. A foto éche ben curiosa.
Saúdos.

16 years ago @ xoseso - Atención al cliente · 0 replies · +1 points

Ola Miguelanxo. Grazas polo comentario neste meu novo blogue.
Pois esta curtametraxe, tal e como digo no post, descubrina xa fai uns meses navegando pola Rede na busca de material para unhas unidades didácticas e, a verdade, sorprendeume moito cando a vin. O que me parece máis interesante dela é (ademais do seu humor) a crítica que se lle fai a actual sociedade consumista na que vivimos.
Saúdos.